Saltar ao contido

CONCELLO DE SANTIAGO

Compostela Filmada

Guía cinematográfica de Compostela


Mapas

Podes acceder a dous mapas: Mapa da CF, que ofrece un paseo pola historia das rodaxes realizadas en Santiago, e o Mapa dos Cinema(tógrafo)s, onde relembraremos as salas de proxección históricas da nosa cidade.


Recursos

Accede a múltiples recursos: unha selección de bibliografía e biografías, un inventario, liñas do tempo (Cronoloxía CF, Historia Filmada, O cineclubismo en Compostela) e galerías (carteis, trailers e vídeos).


Blog

Encontra no noso blog diferentes novas ao redor de Compostela Filmada, le entrevistas a persoas do mundo do cinema relacionadas co concello e accede a artigos sobre a nosa historia cinematográfica.

Guía cinematográfica

Que é Compostela Filmada

Alén de ser (re)coñecido por festivais como Cineuropa, Curtocircuito ou Amal, o Concello de Santiago mantén unha intensa relación co mundo do cinema. Escenario de máis de 90 filmes e doutros tantos documentais, curtametraxes e series, a cifra medra ano após ano. Compostela Filmada quere ofrecer unha visión panorámica sobre a nosa cidade como escenario e inspiración cinematográfica. +info

Pérez Lugín cos protagonistas na rodaxe da película ‘La Casa de la Troya’ (1924).