Saltar ao contido

Os filmes domésticos e Compostela

Os filmes domésticos, ou vídeos caseiros, son aqueles que rexistran actividades familiares, vacacións, viaxes, paseos ou eventos especiais, destinados, sobre todo, á esfera privada, para seren vistos en familia ou con amizades. Compostos por imaxes cotiás, poden chegar a ser un importante rexistro cultural, mostrándonos outras compostelas baixo ollares ben diferentes ás do mundo profesional ou institucional.

Os avances tecnolóxicos facilitaron o uso de cámaras portátiles ás persoas non iniciadas nas técnicas da cinematografía, para alén de posibilitar que calquera persoa puidese arriscarse a crear obras narrativas e experimentar a linguaxe cinematográfica. Até mediados dos 70, antes da popularización das fitas de vídeo para uso caseiro, os filmes domésticos facíanse en película cinematográfica, en formatos como o 8 mm, Super-8, 9,5 mm e 16 mm. Estes filmes corresponden á maior cantidade de imaxes en movemento producidas ao longo do século XX e documentan, de maneira singular, aspectos normalmente secundarizados ou esquecidos da vida durante esa época, tanto polo cinema comercial como polo institucional.

A seguir ofrecemos unha pequena selección deses vídeos realizados cando a relación coa tecnoloxía de gravación era outra, e así acceder a ollares diferentes. Son gravacións cheas de imperfeccións, que albergan vestixios doutros tempos e contextos, doutras compostelas, e que agochan beleza, vida.

Boa parte destas gravacións coñecémolas grazas a Diego Feáns García, a quen queremos agradecer a súa colaboración desinteresada.

Santiago de Compostela e paseo polo río Ulla cara Rianxo e Arousa (Fondo f. familia Baltar) (1928)
A trip to Galicia in the 1950s
1955: Vigo, Santiago de Compostela and San Sebastian & 1957 Madrid
Excursión a las Rías Bajas (?)

Northern Spain côte atlantique (1965)
”SPAIN IT’S DIFFERENT ” 1960S TRAVELOGUE
Diarios (Eugenio Granell) 2 de 2 (?)

De punta a punta (1965) – vídeo non reproducible fóra do YouTube
Empuries, Santiago Compostela, León, Covaleda (1965)

9.5mm Film In Glorious Colour – Portugal & Spain 1966 Home Movie

Viaje a Galicia (1969)
Nieva en Santiago (1969)

Patrulla del Kanguro de Cádiz en Santiago de Compostela (1971)
El nen Moix a Galícia (1972)
España ByN (1973)
Galicia (1975)
Viaje a Galicia, organizado por Mossén Tomás (1975)
Fragmentos II (?)
Fragmentos III (?)
VTS 01 1 (?)
Fragmentos III (?)
Congreso Mariano en Santiago de Compostela (?)
JT. DEPORCAMP _ Antorcha desde Santiago a Ponferrada (1976)
Conxo, unha experiencia (1976), Manuel Abad – grupo ‘A Carón’
Conxo, unha experiencia (1976), Manuel Abad – grupo ‘A Carón’
Spain 5 (?) – vídeo non reproducible fóra do YouTube
Verano 1979 1º parte, Doniños, Ferrol

Viaje a Galicia con la familia Gónzalez Dios (1982)
Marcha negra a Santiago 1/3 (1986)

Viaxe Portugal-Galicia (1991)
Viaxe Portugal-Galicia (1991)

USA-Europa 1991 (8) – Galicia – Cee – España
super 8 | (?)

Vacaciones de Sebastian y Ramiro en España 94’/95′
X ANIVERSARIO FAXPG Y HOMENAJE AL JOSE Mª ACUÑA LÓPEZ ALSAFE1950 (1994)

Isabel Viaje España (1996)
santiago compostela julio 1996
Europa 1999 (1) – Ponferrada – Santiago de Compostela – Cee – Sembra
Ano de 1999. A caminho dos Picos da Europa (capítulo 1)

1 pensamento sobre “Os filmes domésticos e Compostela”

  1. Pingback: Paseando no tempo (1915-1939) - Compostela Filmada

Deixa unha resposta